O persoal de oficina de Inditex librará os venres pola tarde desde o 1 de xaneiro

O xigante de Arteixo ofrecerá a opción de elixir entre dous horarios de luns a xoves
Sede de Inditex en Arteixo. EP
photo_camera Sede de Inditex en Arteixo. EP

Inditex ten novidades no horario para parte do seu persoal. O xigante de Arteixo acaba de anunciar ao persoal de oficina que a partir do próximo 1 de xaneiro deixará de traballar os venres por tarde. E haberá máis cambios.

A compañía téxtil asegura que deseñou o novo horario para que se axuste ás "necesidades de todos", como avanzan varios medios. A partir de aí, nun comunicado trasladado ao persoal, adianta que de luns a xoves poderá elixir entre dous horarios. Será desde 2020, cando haberá a posibilidade de traballar de 9.00 horas a 18.30 ou de 9.30 a 19.00. O venres, mentres, o horario será de 9.00 a 15.00 horas.

Inditex —o grupo de Zara, Bershka ou Pull&Bear, entre outras marcas— tamén avanza que se porán en marcha "novas opcións de mobilidade" para que o transporte ás instalacións sexa "máis eficiente, sostible e accesible". "Autobús lanzadeira, carsharing e carga de coches eléctricos", apunta a compañía, á espera de máis detalles.

Comentarios