O paro do transporte obriga a Calvo a deixar de producir conservas a partir do luns

A compañía de Carballo permanecerá pechada polo menos ata o mércores e os seus máis de 700 traballadores consumirán días libres
Conservas del grupo Calvo.EP
photo_camera Conservas del grupo Calvo.EP

Os máis de 700 traballadores da conserveira Calvo quedarán en casa polo menos entre o vindeiro luns e o mércores ao pechar as instalacións, segundo informaron este xoves a AGN fontes sindicais. Se a contenda en Ucraína fixo escasear e encarecerse o aceite, agora o paro do transporte cortou a subministración, do mesmo xeito que o de atún, palés e estoxos. "Esta semana estivemos tirando co atún que tiñamos nas cámaras de Carballo, pero ao non viren os camións acabouse. Os envases non son problema, porque nós tamén os fabricamos", indicaron fontes do comité.

A dirección informou este xoves aos sindicatos do peche temporal das instalacións, expondo incluso a posibilidade de aplicar un expediente de regulación de emprego temporal (Erte). Reunidos en asemblea, os traballadores resolveron conmutar as xornadas de traballo do próximo luns, martes e mércores polo 26, 27 e 28 de decembro, que tradicionalmente son de libranza.

Comentarios