O ourensán Díaz Barreiros oficializa a súa candidatura para presidir a CEG

A patronal galega leva case tres anos en situación de interinidade
Díaz Barreiros. EP
photo_camera Díaz Barreiros. EP

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) deu a coñecer este martes a presentación da candidatura do empresario José Manuel Díaz Barreiros para presidir a patronal galega, tras conseguir o apoio unánime da xunta directiva da patronal ourensá. A candidatura de Barreiros preséntase un día despois de que o fixese o vigués Pedro Pablo Rey, presidente da Confederación Española de Empresas de Formación.

O empresario ourensán, que xa solicitou o respaldo unánime na última a xunta directiva da Confederación de Empresarios de Ourense, defendeu este paso adiante para lograr a "unidade empresarial e o consenso maioritario" que lle permita "liderar a institución empresarial".

A patronal galega leva case tres anos en situación de interinidade, o que provocou que o responsable da confederación coruñesa, Antonio Fontenla, exerza como portavoz sen funcións executivas durante este tempo.

Díaz Barreiros foi vicepresidente da confederación ourensá na etapa na que estaba á fronte da mesma José Manuel Pérez Canal, falecido hai dous anos.

Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, Díaz Barreiros é máster en Asesoría Xurídica de Empresas e en Dirección de Asesoría Fiscal de Empresas polo Instituto de Empresa de Madrid.

Comentarios