O ministro de Defensa grego cre que se abandonan o euro, ''España e Italia serán as próximas''

Panos Kammenos vai máis aló e asegura que, se o país heleno ''explota'', ''nalgún momento, seguiríao Alemaña''

 O ministro de Defensa grego, Panos Kammenos, advertiu de que se o país heleno abandona o euro, España e Italia "serán as próximas", ademais de subliñar que o país non necesita un terceiro rescate senón unha quita "como a de Alemaña en 1953".

Kammenos afirmou nunha entrevista ao diario alemán Bild -que recolle a axencia de noticias Europa Press no seu portal web- que "se Grecia explota" seguirana España e Italia "e logo, nalgún momento, Alemaña". "Polo tanto, debemos atopar un camiño dentro da Eurozona, pero non pode ser un camiño que siga a obrigar os gregos a pagar", indicou.

Comentarios