jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

Norvento, pioneira en España en transportar os aeroxeradores co método 'bladelifter'

El método 'bladelifter'. EP
Sede de Norvento. ARQUIVO
Esta nova técnica loxística consiste en transportar a pa cunha inclinación de ata 65 graos

Norvento, compañía lucense de tecnoloxías de enerxías renovables, introduciu en España o transporte especial de pas de aeroxeradores mediante bladelifter. Esta nova técnica loxística consiste en transportar a pa cunha inclinación de ata 65 graos, en lugar de facelo horizontalmente, levantándoa mediante o uso de maquinaria especialmente deseñada para este fin.

Grazas a esta técnica, o transporte das pas dos aeroxeradores pode ser realizado por estradas e camiños máis estreitos con curvas máis pechadas. Isto permite prescindir de modificacións na contorna que en ocasións son inevitables, como o ensanche de estradas, apertura de novos viarios, a retirada de postes de comunicacións, ou ocasionalmente a tala dalgunhas árbores emprazadas nas marxes da estrada. Desta forma redúcese a necesidade de obra civil e o impacto ambiental na construción dos parques eólicos.

Norvento está a empregalo durante a construción dos seus novos parques eólicos en Lugo

Esta técnica é clave para os grandes proxectos de xeración eólica planificados en España, xa que permitirá transportar pas de maiores dimensións; ata agora, esta técnica fora empregada noutros países para o transporte de pas de ata 60 metros de lonxitude, agora ven incrementadas as posibilidades ata os 80 metros.

Con este método, Norvento acelerará a construción dos seus novos parques eólicos na provincia de Lugo e minimizará a súa impacto ambiental, converténdose nos primeiros proxectos que utilizan esta técnica en España e Portugal e algúns dos primeiros en toda Europa. Norvento, promotor destes proxectos, colaborou con Vestas e Laso, tecnólogo do aeroxerador e transportista respectivamente.

Avance dos novos parques eólicos de Norvento en Galicia
Esta técnica de transporte está a empregarse en parte dos 6 novos parques que Norvento está a construír na provincia de Lugo, froito de adxudicación de 128 MW de potencia na poxa de maio de 2017 do Ministerio de Enerxía. Os parques, situados en Abadín, A Pastoriza, Mondoñedo, Riotorto, Trabada, A Pontenova e Lourenzá, estarán listos para operar antes de que finalice o ano e producirán unha cantidade de enerxía anual equivalente ao consumo eléctrico dun municipio de 90.000 habitantes.

Deste xeito, evitarase a emisión de 4 millóns de toneladas de CO2 equivalentes durante a vida útil dos parques. Doutra banda, a súa construción e operación suporán cuantiosos beneficios para os municipios que os acollen: durante a vida útil dos proxectos, xeraranse preto de 19 millóns de euros para administracións locais e autonómicas en impostos.

"Investimos constantemente na protección do medio ambiente. A innovación xoga un papel moi destacado nesta tarefa, polo que sempre que se desenvolva unha tecnoloxía que nos permita reducir o impacto na comunidade nas que operamos, estudarémola e aplicaremos sempre que nos sexa posible”, destacou Iván Nogueiras, director xeral de Norvento.

Norvento, pioneira en España en transportar os aeroxeradores co...
comentarios