Nocilla celebra o seu 50 aniversario presentando a súa "nova receita" sen aceite de palma

A multinacional española sinala de que a eliminación do aceite de palma supón "unha redución de máis do 40% en graxas saturadas" no perfil nutricional do produto

Nueva etiqueta de los envases de Nocilla. EP
photo_camera Nova etiqueta dos envases de Nocilla. EP

Leite, cacao, abelás e azucre... sen aceite de palma. Nocilla celebra o seu 50 aniversario co lanzamento dunha "nova receita" na que substitúe o polémico ingrediente por aceite de xirasol alto oleico e manteiga de cacao, aínda que "mantendo o sabor de sempre", asegura. 

"A vocación de liderado de Nocilla esíxenos innovar constantemente a partir da escoita activa do consumidor", explica sobre esta renovación Ricardo Anmella, director xeral de Idilia Food, propietaria da marca de crema de cacao. A multinacional española informa de que a eliminación do aceite de palma supón "unha redución de máis do 40% en graxas saturadas" no perfil nutricional dun produto "presente en case 5 millóns de fogares". Un dato que, xunto coa súa dispoñibilidade en máis "de 57.000 establecementos en España" e a súa exportación a case "40 países", mostra que "a primeira marca de cacao" que apareceu no mercado español "segue sendo líder" medio século despois. 

Así, Nocilla destaca o seu "esforzo constante" pola "mellora" dos seus produtos e a súa oferta de todo "tipo de opcións", como é o caso da recente adición da Nocilla 0% azucres engadidos ao seu catálogo de variedades e formatos.

Comentarios