O Museo Estrella Galicia e Somos Océano lanzan uns calcetíns con sabor "atlántico"

As pezas contan con motivos como o logo da cervexeira, o polbo á feira ou a catedral de Santiago
Calcetines de Mega y SomosOceáno. EP
photo_camera Calcetines de Mega y SomosOceáno. EP

O Museo Estrella Galicia (Mega) e a marca viguesa Somos Océano presentaron unha colección de calcetíns inspirada en Galicia. Os motivos que a compañía cervexeira e a firma de moda elixiron para o conxunto son o logo de Estrella, o polbo á feira, o mar e a catedral de Santiago. 

Segundo explican desde Mega, a colección "reflexa o que mellor nos representa: o mar, a gastronomía e o Camiño".

As pezas están confeccionadas en algodón peiteado, a fibra máis longa e suave do algodón, "o que favorece a durabilidad e suavidade do produto", contan. 

"Este novo lanzamento forma parte dunha serie de colaboracións que, baixo o selo MEGA & Co., pretende impulsar, apoiar e visibilizar o talento de diferentes artistas, artesáns e emprendedores galegos, que comparten con Estrella Galicia a orixe e a paixón polas nosas raíces", conclúen. 

Comentarios