Montoro propón prohibir por lei amnistías fiscais como a súa

O ministro respecta a sentenza do Constitucional que a anula pero defende que axudou a España
Comparecencia de Montor en comisión del Congreso
photo_camera Comparecencia de Montor en comisión del Congreso

O ministro de Facenda e Función Pública, Cristóbal Montoro, propuxo aos grupos con representación no Congreso modificar a Lei Xeral Tributaria para prohibir expresamente que se poidan decretar novas amnistías fiscais no futuro.

Durante a súa comparecencia a petición propia na Comisión de Facenda do Congreso, Montoro fixo esta proposta tendo en conta que se demostrou que "os procesos de regularización non gustan a ninguén". Engadiu que ademais será unha medida innecesaria nun novo contexto de transparencia internacional, no que en 2018 entrará en vigor o intercambio automático de información fiscal nun gran número de países, "entre eles, algúns considerados ata agora paraísos fiscais".

Montoro tamén mostrou este mércores o seu "respecto e acatamento" da sentenza do Tribunal Constitucional que anula a súa amnistía fiscal de 2012, pero insistiu en que esta medida contribuíu a evitar o rescate completo da economía española.

O ministro dixo que non se pode separar a amnistía do contexto no que se adoptou, unha situación que –ao seu xuízo? xustificou a urxencia de todas as medidas adoptadas entón mediante decreto lei.

Na súa opinión, o Tribunal Constitucional ha fallado que o decreto lei non debeu ser o vehículo formal para aprobar o proceso de regularización, pero que "ata aí chega o seu alcance xurídico", xa que as consecuencias do proceso "non son alteradas".

MEDIDAS ADECUADAS. Montoro, que se mostrou molesto por que se siga denominando amnistía fiscal á Declaración Tributaria Especial (DTE), fixo fincapé en que non lle gustou tomar estar medida, como tampouco lle gustou subir os impostos, pero considera que foron medidas adecuadas naquel momento por "moi impopular ou por moito desgaste político que levasen".

Tamén recordou que os 40.000 millóns de euros aflorados no proceso de regularización levan cinco anos pagando impostos, "dando por clausurada unha bolsa de fraude" que Gobernos anteriores non foran capaces de atallar.

Comentarios