Miércoles. 19.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 19.09.2018
El tiempo

Máis de 350 alumnos de menos de 30 anos participarán en talleres de emprego impulsados pola Xunta

Francisco Conde, nunha imaxe de arquivo. OLGA FERNÁNDEZ
Francisco Conde, nunha imaxe de arquivo. OLGA FERNÁNDEZ

Na provincia de Lugo, desenvolveranse en Ribadeo e o municipio da capital

A Consellería de Economía, Emprego e Industria impulsa un total de 23 talleres de emprego específicos para menores de 30 anos nos que participarán 352 alumnos de 57 municipios galegos. 

Segundo informou a Xunta nun comunicado, esta iniciativa, que ten un orzamento total de 3,4 millóns de euros, conta con formación en informática, en tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), en deseño gráfico, hostalería e turismo, entre outros sectores. 

Cada un destes programas combinarán a formación cun traballo específico que contará cun contrato de aprendizaxe por un tempo de seis meses. 

Por provincias, na Coruña desenvolveranse un total de dez talleres que contarán cun total de 146 alumnos. Estarán impulsados polos concellos das Pontes, Boiro, Carballo, Ferrol, Betanzos e Rianxo, así como por agrupacións de Fene, Mugardos, Santa Comba, Santiago, Teo e Padrón, entre outros. 

En Pontevedra desenvolveranos os concellos de Vilagarcía de Arousa, Cambados, Vigo, O Porriño, Redondela, Moaña e Mos, así como a Mancomunidade do Área Intermunicipal de Vigo. Serán un total de 127 os beneficiarios. 

Na provincia de Lugo, a Consellería impulsa esta iniciativa nos municipios de Ribadeo e Lugo, mentres que en Ourense serán ofrecidas polos concellos de Ribadavia, Carballeda de Avia e Castrelo de Miño, así como pola Mancomunidade Voluntaria de Municipios da Comarca de Ourense e a Mancomunidade de Verín. 

Máis de 350 alumnos de menos de 30 anos participarán en talleres de...
Comentarios