Os hoteis composteláns alcanzaron unha ocupación do 68,1% en Semana Santa

Os hoteis de Santiago de Compostela rexistraron unha ocupación media en Semana Santa do 68,10 por cento, segundo a Asociación Hostalería Compostela.

Pola súa banda, as pensións alcanzaron un 70,67 por cento, máis nas de 2 estrelas (82,30%), seguidas das de 3 (77,75%) e das dunha estrela (42,00%).

En canto aos hoteis, a presenza de nacionais e estranxeiros foi similar, máis os primeiros, cun 55,64 %.

Por categorías, os hoteis con máis ocupación foron os de 5 estrelas (79,44 %), seguidos dos de 3 (72,21 %); dos de 2 (70,93 %); os de 4 (61,56 %) e os dunha estrela (60,81 %).

Comentarios