A liña de axudas para a renovación de cociñas e baños suma xa máis de 2.500 solicitudes

O prazo para formalizar a petición da subvención finaliza o 15 de outubro ► O custo mínimo dos produtos adquiridos será de 1.000 euros, con rebaixas do 40%
Javier Aguilera visita una de las empresas colaboradoras del programa Reforma 16
photo_camera Javier Aguilera visita una de las empresas colaboradoras del programa Reforma 16

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) recibiu ata o momento máis de 2.500 solicitudes de persoas interesadas en acollerse ao programa Reforma 16 e beneficiarse das axudas autonómicas para a mellora de cociñas ou baños. Así o destacou este martes o director dese organismo, Javier Aguilera, durante unha visita a unha das empresas colaboradoras do programa, Comercial Goberna SL, en Vigo. O prazo para formalizar a petición da subvención finaliza o 15 de outubro

As solicitudes acumuladas ata a data facilitarán unhas vendas cifradas en 8,5 millóns de euros. O programa Reforma 16 apoia a renovación, por parte de particulares, de todo tipo de equipamentos de cociña e baño, excepto electrodomésticos.

O custo mínimo dos produtos adquiridos será de 1.000 euros, con rebaixas do 40%, repartidas a partes iguais entre a Xunta e as empresas colaboradoras. Na edición do ano pasado acolléronse ao plan preto de 3.000 fogares.

Comentarios