A débeda española a dez anos marca mínimo histórico

O interese da débeda española a dez anos marcou hoxe un novo mínimo histórico ao pechar a sesión no 2,822%, o que contribuíu tamén a que a prima de risco se relaxara ata 148 puntos básicos, segundo datos recollidos por Efe.

Ao mesmo tempo, a rendibilidade da débeda alemá ao mesmo prazo caeu ao 1,338%, o que non impediu que a diferenza entre ambos bonos ou a prima de risco se reducira.

A débeda española a dez anos marcou tres mínimos históricos no último mes axudada principalmente polas declaracións do presidente do Banco Central Europeo (BCE), Mario Draghi, e a súa disposición a intervir en xuño contra a baixa inflación se fose necesario, a xuízo dos expertos.

Comentarios