A actividade do sector servizos rexistra a súa primeira expansión en tres meses

A actividade comercial do sector servizos rexistrou, en novembro, a súa primeira expansión en tres meses debido ao forte crecemento dos novos pedidos, segundo o índice PMI que elabora Markit.

Aínda que o incremento de novos pedidos -o maior desde xullo de 2007- se vinculou ao crecemento da actividade, as empresas continuaron diminuíndo a súa dotación de persoal.

O Índice de actividade comercial, que pregunta aos enquisados sobre os cambios nos seus negocios, situouse, por primeira vez en tres meses, por encima do nivel 50.

Os enquisados informaron sobre "os tímidos sinais de mellora da demanda dos clientes".

A expansión estivo encabezada polas empresas de correos e telecomunicacións e só o sector de hoteis e restaurantes contabilizou unha baixada nos novos pedidos.

Algunhas empresas sinalaron que o incremento de novos pedidos supuxo unha presión sobre a capacidade, pero non foi suficiente para compensar a finalización doutros proxectos.

O 47 % das empresas prevén que a actividade sexa maior nos próximos doce meses ante os sinais de mellora dos clientes e algúns enquisados anticipan que a economía española, en xeral, crecerá o próximo ano.

En canto á zona euro, o índice PMI mostrou un crecemento da actividade económica por quinto mes consecutivo.

No entanto, a pesar de situarse por encima da estimación de outubro, o ritmo de crecemento foi modesto. Os verdadeiros puntos débiles foron Francia e Italia, cuxas economías de servizos caeron en territorio de contracción.

Comentarios