Impulso para ampliar subestacións eléctricas e activar o eólico galego

Losada e o presidente de Rede Eléctrica reuníronse para axilizar a tramitación administrativa necesaria para ampliar as infraestruturas en Castro de Rei, Dumbría e Carral

Aerogenerador en O Páramo. AEP
photo_camera Aeroxerador no Páramo. AEP

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e o presidente de Red Électrica de España, Jordi Sevilla, reuníronse este martes co fin de axilizar a ampliación de subestacións que darán servizo a novos parques eólicos na comunidade. O obxectivo é acelerar a tramitación administrativa necesaria para ampliar estas infraestruturas eléctricas no concello lucense de Castro de Rei e nos de Dumbría e Carral na Coruña para que dean servizo a 34 parques xa en construción ou con autorización para a súa posta en marcha.

Desde a Delegación do Goberno sinalaron que a reunión serviu para "concretar os pasos necesarios" para que os novos espazos de aeroxeradores "conten co acceso e conexión necesarios para a súa posta en marcha". O encontro produciuse despois de que a semana pasada o Goberno dese vía libre á construción de 158 megawatts eólicos nos montes galegos.

Trátase de potencia adxudicada na poxa realizada en maio de 2017.

Comentarios