Fillos de Rivera reforza a súa aposta pola cervexa sen alcol con dúas novas propostas

Estrela Galicia 0,0 Negra e Estrela Galicia 0,0 Torrada  nacen co obxectivo de responder á crecente demanda no terreo das 'sen'
Estrella Galicia 0,0 Negra e Tostada. HIJOS DE RIVERA
photo_camera Estrella Galicia 0,0 Negra e Tostada. HIJOS DE RIVERA

Estrella Galicia incorpora a dous novos membros á súa familia cervexeira: Estrella Galicia 0,0 Negra e Estrella Galicia 0,0 Tostada. Deste xeito, Hijos de Rivera reforza a súa aposta por este segmento dando así resposta ás tendencias do mercado e á crecente demanda de máis variedade por parte dos consumidores de cervexa sen alcol.

Estrella Galicia 0,0 Negra é froito da desalcoholización mediante destilación ao baleiro tras 30 días de maduración dunha cervexa que se elabora a partir dun coupage de catro tipos de malta e as variedades de lúpulo Nugget e Sladek. O resultado é unha cervexa negra chea de sabor e carácter que aproveita a plenitude sensorial das maltas e os lúpulos pero sen alcol.

Pola súa banda, Estrella Galicia 0,0 Tostada goza do plus que supón o emprego dun blend seis tipos de malta con diferentes graos de tostado, millo e lúpulo das variedades Nugget, Perle e Sladek. Os mestres cervexeiros utilizan a técnica de fermentación "interrompida" para dar lugar a esta cervexa saborosa, equilibrada e refrescante.

Luís Alvar, mestre cervexeiro de Estrella Galicia, sinala que "a tendencia ascendente das cervexas sen alcol nos últimos anos foi imparable, especialmente en España, onde conta cun mercado moi consolidado. Así que desde o equipo dedicámoslle moito esforzo para ampliar a proposta cervexeira que presentamos aos nosos consumidores, sempre mantendo o espírito craft da casa. O resultado é o lanzamento de Estrella Galicia 0,0 Negra e Tostada, dúas receitas singulares que esperamos que supoñan un novo aliciente para os fieis á cervexa sen alcol".

Deste xeito, a gama sen alcol de Hijos de Rivera consta a partir de agora con tres propostas moi especiais á medida dos gustos de diferentes tipos de consumidores. As dúas novas incorporacións veñen acompañar tradicional Estrella Galicia 0,0 que é unha das cervexas sen alcol máis recoñecidas do mercado.

Comentarios