Facenda multa a Mou

Tivo que pagar dous millóns por declarar os seus dereitos de imaxe de cando estaba no Real Madrid como Imposto de Sociedades e non como IRPF
Mourinho saluda a Stamford Bridge
photo_camera Mourinho saluda a Stamford Bridge

Facenda multou a José Mourinho por declarar como Imposto de Sociedades e non como IRPF os seus dereitos de imaxe relativos aos anos nos que exerceu como adestrador do Real Madrid, é dicir, durante os exercicios fiscais de 2010 a 2013.

Segundo informa OK Diario, o técnico luso, agora sen equipo, xa pagou a Facenda, concretamente dous millóns de euros: un millón de multa, 300.000 euros de intereses e outros 700.000 de principal. 

Tras abonar a multa, Mourinho deixa a súa situación co fisco español regularizada, xa que esas irregularidades nas declaracións da renda non teñen a cualificación penal de delito fiscal.

Os dereitos de imaxe de Mourinho durante eses tres exercicios supúñanlle unha gran fonte de ingresos, xa que asinara contratos con multinacionais como Adidas, Samsung, Jaguar ou American Express, entre outros. O seu nome é un dos moitos no mundo do fútbol que se viron salpicados por escándalos con Facenda ultimamente, como os de Messi, Xabi Alonso, Adriano...

Comentarios