O Goberno non ve prioritario o trazado lucense da A-76

Os Orzamentos do Estado contemplan de novo actuacións en varios concellos do Camiño Francés na comarca de Sarria 
Viaducto de la Nacional 120 en A Labrada, carretera que debera sustituir la A-76. AEP
photo_camera Viaducto de la Nacional 120 en A Labrada, carretera que debera sustituir la A-76. AEP

A autovía A-76, esa infraestrutura prometida no seu día polo exministro de Fomento palense José Blanco, alá polo ano 2009, conta de novo cunha partida simbólica, similar á do ano pasado, ao seu paso pola provincia. Os orzamentos consigna unha pequena cantidade para o enlace entre a circunvalación de Monforte e Babela.

O Goberno dará prioridade aos tramos da autovía a Ourense A-76 que unen Ponferrada e O Barco, como confirmou o anterior ministro de Transportes, José Luís Ábalos. Esta aposta responde a intención de potenciar a conexión da zona coa autovía do Noroeste (A-6). Tres dos tramos entre a capital berciana e Valdeorras atópanse en fase de redacción do proxecto e as bases de licitación.

Esta autovía, de preto de 150 quilómetros, é un eixo estratéxico para a articulación da Galicia interior, a través de comarcas como Valdeorras, Quiroga e Terra de Lemos. O futuro viario tratará de aproveitar ao máximo a N-120 e aumentará a capacidade do corredor existente, que pasa por distintos núcleos de poboación.

Os Orzamentos do Estado prevén outros 100.000 euros para a redacción do proxecto entre A Veiga de Cascallá e O Barco, en Ourense. O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana prevé actuacións de interese cultural no Camiño Francés, que afectan principalmente a municipios da comarca de Sarria, como Paradela, Samos e Triacastela, aos que se unen os de Portomarín e Pedrafita.

O gasto programado neste ámbito ascende a 1,9 millóns de euros. Este investimento dá continuidade aos 2,5 millóns programados para este exercicio.

Comentarios