Supermercados Gadis deu un paso adiante na súa política ambiental ao pór a disposición dos seus clientes bolsas 100% biodegradables, compostables, reciclables e reutilizables en todas as seccións de produto fresco, a fin de limitar a utilización de materiais dun único uso nos seus puntos de venda en Galicia e Castela e León. Estas bolsas, elaboradas a partir da fécula da pataca, desaparecen en menos de 180 días sen efectos contaminantes para o medio ambiente. O seu modelo de produción baséase na economía circular, xa que a súa capacidade para a compostaxe permite a súa conversión en abono para a agricultura biolóxica.
Para
As cifras de 2019 constatan que reciclou 7.710 toneladas de cartón, 803 de plástico e 212 de madeira. Os movementos de caixas de plástico, que evitan o uso doutros recipientes, ascenderon a 5,58 millóns.
No marco desta política ambiental tamén se recolle o impulso ás compras de provedores de km 0, que permiten unha optimización das rutas de carga e transporte reducindo as emisións de CO2 á atmosfera. Así mesmo, están a implantarse medidas de eficiencia enerxética tanto nos puntos de venda como nas plataformas loxísticas e na sede central, dotando aos novos establecementos de equipos de frío, climatización e iluminación de última xeración.