Frédéric Puech, novo director de PSA en Vigo

O francés substitúe no cargo a Yann Martin, que deixará o posto este mes
Frédéric Puech
photo_camera Frédéric Puech

Frédéric Puech converterase, a partir do próximo 1 de outubro, no novo director do Polo Industrial Ibérico e do Centro de Vigo do Grupo PSA, substituíndo no cargo a Yann Martin, informa a compañía nun comunicado.

Puech, que ata a data ocupou o posto de director do Polo Fundición, formado polos centros de Charleville e Sept-Fons (Francia), accede á Dirección do Polo Industrial Ibérico, constituído polas fábricas de Vigo, Madrid e Mengualde (Portugal), tras unha dilatada carreira internacional no Grupo PSA.

Natural de Albi (Francia), Frédéric Puech, de 48 anos, é diplomado pola Escola Nacional Superior de Artes e Oficios francesa.

En 1994 incorporouse ao Grupo PSA, desempeñando ata o ano 2000 distintos postos de responsabilidade no ámbito da Embutición nas plantas francesas de Mulhouse e Sochaux.

No ano 2000, trasladouse a Wuhan (China) como experto en Embutición e Ferraje, para dar asistencia e "coaching" aos directores das fábricas chinesas.

En 2004 regresou a Europa para facerse cargo da concepción e construción do taller de Embutición da prata eslovaca de Trnava.

Entre os anos 2007 e 2011 foi director de Embutición na planta de Rennes (Francia) e, despois, ata 2013, ocupouse da Síntese Industrial Mundo de Embutición nos Servizos Centrais do Grupo PSA, pasando posteriormente a dirixir o Polo Fundición. 

Comentarios