Finsa e Madeiras Goiriz impulsan unha fábrica de contralaminado en Coirós

Cun investimento de 15 millóns de euros, Xilonor prevé xerar en tres anos 30 empregos
Interior de la planta de Xilonor en Coirós. EP
photo_camera Interior da planta de Xilonor en Coirós. EP

Finsa e Madeiras Goiriz impulsan a creación de Xilonor, unha nova empresa situada no polígono industrial do concello coruñés de Coirós que, de forma pioneira en Galicia fabricará CLT, isto é, taboleiro contralaminado. Con vocación de converterse "nun referente" no seu sector e de impulsar a construción en madeira na península, a compañía —que conta cun investimento de 15 millóns de euros— utilizará piñeiro galego como materia prima e o seu sistema de produción será totalmente automatizado, desde a clasificación estrutural das táboas, ata o prensado hidráulico e o mecanizado final das pezas.

Segundo informou Xilonor nun comunicado, a actividade arrincará en xaneiro e a previsión é incorporar a uns 30 traballadores nun prazo de tres anos. Actualmente, o proxecto xa conta cunha oficina técnica integrada por profesionais con experiencia na transformación de madeira. Os paneis de CLT que sairán da factoría poderán ser utilizados como elementos de muros, forxados e cubertas en medidas que poderán chegar aos 12 metros de longo e tres de ancho, como máximo.

O material poderá quedar á vista no interior dunha construción e tamén admitirá revestimento con outros compoñentes. A firma sostén que o material é apto para calquera tipoloxía de edificio. A compañía incide en que o proxecto xorde nun contexto en nbsp;o&que a construción de edificios avanza cara a un modelo "máis sostible", priorizando a redución de gases de efecto invernadoiro e do impacto ambiental.

En nbsp;a&primeira planta de panel contralaminado de Galicia, o proceso de produción estará totalmente automatizado

En canto ás características da madeira contralaminada, está formada por varias capas de táboas encoladas, superpuestas en sentido transversal e, posteriormente, prensadas. Xilonor destaca, sobre as prestacións do CLT, a súa "alta resistencia e lixeireza" fronte a outros materiais utilizados en estruturas e tamén a rapidez de montaxe en obra, dado que o mecanizado permite realizar os cortes das fiestras e portas coas dimensións finais, á vez que se reduce a xeración de residuos e o uso de auga nas obras.

Ademais da "estética", a sociedade incide en que o material ofrece un nivel de illamento "superior" a outros compoñentes, ao que engade o feito de que a madeira é "un material 100% renovable e reciclable". O proxecto é froito da colaboración das vilalbesa Madeiras Goiriz co grupo compostelán Finsa, cuxa persoal alcanza os 3.300 traballadores e cunha facturación de 917 millóns en 2019.

Comentarios