Feijóo apoia o proxecto de torres para almacenar leite en po en Melide

O presidente da Xunta anima ao sector a profundar no cooperativismo para ser máis competitivo
El presidente de la Xunta y las demás autoridades, durante la visita a Melisanto
photo_camera El presidente de la Xunta y las demás autoridades, durante la visita a Melisanto

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ofreceu este martes, no transcurso dunha visita que realizou a Melide, o apoio da Xunta á iniciativa que pretenden levar a cabo as cooperativas Melisanto, Irmandiños e Feiraco para implantar torres de almacenaxe de leite en po na localidade e que estarían integradas en Acolact (Agrupación de Cooperativas Lácteas, S.L.).

Núñez Feijóo, que estivo acompañado pola conselleria de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana; o presidente de Melisanto, Pablo Costoya; o xerente desta mesma cooperativa, José López, e a alcaldesa de Melide, Ángeles Vázquez, entre outros membros da corporación municipal melidense, así como representantes dos concellos de Toques e Santiso, explicou que esta iniciativa pode ser "o xerme" que lance unha "nova mensaxe de futuro" para o sector agrogandeiro en Galicia.

O presidente da Xunta insistiu en que o sector agrario debe "profesionalizarse" e profundar "no cooperativismo" para ser máis competitivo.

Por iso, animou ao sector a emprender proxectos relacionados coa transformación, "como é o caso do leite en po, que permitirá vender en momentos de escaseza". "Por nós non vai quedar", sinalou.

Comentarios