Feijóo advirte que a subida da luz dificulta pagar pensións e soldos públicos

O prezo da tarifa pon trabas "a cadrar a cesta da compra", afirmou o presidente da Xunta
Feijóo, este domingo en Cotobade. SALVADOR SAS (EFE)
photo_camera Feijóo, este domingo en Cotobade. SALVADOR SAS (EFE)

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lamentou que o Goberno central "non foi capaz de liquidar os problemas fundamentais dos cidadáns" e fixouse no prezo disparado da luz para advertir de que isto dificulta tamén o pago das pensións e de soldos públicos, polo incremento do IPC, nun país "endebedado" como España, e tamén pon trabas a cadrar "a cesta da compra porque a luz é un dos elementos fundamentais para chegar a final de mes".

Son as súas palabras ao ser preguntado polo arranque do curso político, que en clave de partido, celebrou este domingo un acto no municipio pontevedrés de Cerdedo-Cotobade xunto ao presidente do PP, Pablo Casado. "Iniciamos o curso político en Galicia porque en Galicia naceu o PP en toda España e en Galicia está enterrado o presidente fundador e sempre é unha honra poder acoller aos compañeiros de partido a nivel nacional", subliñou Feijóo. 

Dito isto, advertiu da situación "moi complexa" na que se atopa España, cuxo goberno "non foi capaz de liquidar os problemas fundamentais dos cidadáns". "A xente xa non sabe cal é o prezo da luz, hoxe bate unha marca distinta, e así é imposible manter unha industria, producir en termos eficaces e cadrar a cesta da compra, porque a luz é un dos elementos fundamentais para chegar a final de mes", analizou. 

Ao fío diso, sinalou que con este incremento, a inflación sitúase no 3 por cento, e isto implica, á súa vez, "ter que subir as pensións, o incremento das retribucións do sector público", entre outras cuestións, nun país cunha "débeda pública que marca marcas". 

"España é un país endebedado, que non controla os prezos"

"España é un país endebedado, que non controla os prezos, que ten uns prezos exorbitantes e que ten un Goberno dividido entre si que no canto de preocuparse polos problemas dos cidadáns, está a crear problemas. E cando un goberno crea problemas, hai que crear alternativas e nós queremos ser a alternativa", salientou Feijóo.

"HOXE, MÁS QUE NUNCA, ESPAÑA NECESITA ALTERNATIVA". O dirixente autonómico, quen conveu que "é evidente que son os españois os que van decidir", insistiu en que "hoxe, máis que nunca, España necesita unha alternativa e a única alternativa a un goberno dividido, que ademais está en mans dos partidos independentistas, é un partido que cre en España" e que resolva os problemas da xente en lugar de crear "problemas". 

Feijóo apuntou que con esta premisa iniciouse o curso político. "Espero e desexo que sexa útil ter un partido que non ten máis compromisos que respectar a igualdade e liberdade dos españois e enfocar os problemas, non distraendo e non causar máis problemas dos que temos", sentenciou.

Comentarios