jueves. 29.07.2021 |
El tiempo
jueves. 29.07.2021
El tiempo

Estudan convocar un paro indefinido en BBVA contra os despedimentos se a empresa non "move ficha"

Una oficina del BBVA de la provincia de Lugo. AEP
Unha oficina do BBVA da provincia de Lugo. AEP
A central denuncia que a empresa "non minorou o impacto global" e asegura que "só pasan traballadores dun expediente a outro" 

O presidente do comité de empresa do BBVA na provincia de Lugo, Miguel Fernández, da CIG, anunciou que van estudar convocar un "paro indefinido" se a entidade bancaria non dá marcha atrás ao Ere co que pretende despedir a 3.800 traballadores en España, 122 en Galicia dos que nove son en Lugo, e o peche na comunidade de 22 oficinas, cinco delas na provincia lucense. 

Para este mércores organizaron concentracións a partir das 18.00 horas ante as oficinas principais de Lugo, Ourense, A Coruña e Vigo. 

Xa avanza o sindicalista que se seguirán mobilizando e estas concentracións serán a antesala da folga convocada para o mércores 26 de maio. 

Fernández espera que "a empresa mova ficha", á vez que recorda que o que reivindican é "a retirada do Ere, que é inxusto porque os beneficios do ano pasado e deste primeiro trimestre son de máis de 1.200 millóns de euros". 

"Non ten sentido botar á xente á rúa con estes beneficios milmillonarios. Isto non se pode consentir e por iso imos á folga o próximo 26", protesta. 

Finalmente, advirte que se o BBVA "non cambia de postura" e "retira o Ere" intensificaranse as mobilizacións e irase "cara a un paro indefinido, sempre en función de como actúe a empresa".

"DUN EXPEDIENTE A OUTRO". Tras o anuncio de mellora nas condicións do Ere, a central denuncia que a empresa "non minorou o impacto global" do expediente, senón que "só pasa traballadores dun expediente a outro". 

Deste xeito, alude ao expediente de despedimentos colectivo, ao de modificación substancial das condicións de traballo e a un terceiro de mobilidade xeográfica. 

Do primeiro deles, segundo a CIG, nesta última reunión, o dato pasou de 3.448 a 3.331 "á conta de ampliar" o segundo dos expedientes, o de modificación das condicións de traballo. 

Estudan convocar un paro indefinido en BBVA contra os despedimentos...
comentarios