Empresarios galegos critican a política de subsidio "permanente" da Administración

Jaime López, secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo, afirmou que esas políticas contribúen a desincentivar á xente que está no paro a buscar un emprego 
Jaime López, en una imagen de archivo. AEP
photo_camera Jaime López, en una imagen de archivo. AEPÇ

O vicepresidente da Confederación de Empresarios de Galicia e secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo, Jaime López, recoñeceu que actualmente existe unha "bolsa de emprego" en determinados sectores que as empresas son incapaces de cubrir, unha realidade que está a lastrar "a recuperación económica".

Nese sentido, en declaracións a EFE, afirmou que por parte da Administración "non se pode estar" nunha política "de subsidio permanente", porque contribúe a desincentivar á xente que está no paro a buscar un emprego co que gañarse a vida.

Desde o seu punto de vista, "subsidiar continuamente non é o camiño a seguir", porque sería máis beneficioso para a economía e para a sociedade incentivar "a cultura do esforzo" e do "interese polo traballo", algo que ao seu xuízo non está a suceder neste momento.

"Hai unha bolsa de emprego que está aí, e non se está cubrindo", dixo Jaime López. 
Trátase dunha circunstancia que está a atrasar "a recuperación económica" e incluso levou ao peche a algúns negocios, incapaces de cubrir a súa demanda de man de obra.

Entre outros sectores, López recoñeceu que existe falta de persoal cualificado para traballar nos sectores da hostalería e do comercio, pero tamén noutros que necesitan de moita man de obra, como o da construción ou o do transporte de mercancías.

Moitas empresas que están a buscar empregados, asegurou, "non atopan a xente para traballar". 

Comentarios