O diésel volve baixar do euro por litro en plenas vacacións de agosto

O prezo do gasóleo de automoción baixou un 1,87% na última semana e acumula unha rebaixa do 4,41% no mes
Un vehículo repostando en una gasolinera
photo_camera Un vehículo repostando en una gasolinera

O litro de diésel costa nas estacións de servizo españolas unha media de 0,996 euros, co que volve caer da barreira do euro en plenas vacacións de agosto e vésperas da ponte.

Segundo os datos achegados este xoves polo boletín petroleiro europeo, o prezo do gasóleo de automoción baixou un 1,87% na última semana e acumula unha rebaixa do 4,41% no mes. O enchido dun depósito medio de 55 litros custa de media uns 54,78 euros.

O prezo do gasóleo xa baixou do euro por litro en xaneiro e mantívose por baixo desa cota ata maio.

Do mesmo xeito, a gasolina custa unha media de 1,122 euros o litro, un 1,15% menos que hai unha semana e un 3,94% menos que hai un mes. Así, o enchido dun depósito medio de gasolina esta semana custa uns 61,71 euros.

A gasolina e o gasóleo acumulan seis e cinco semanas consecutivas á baixa, respectivamente, en liña coa caída rexistrada polo cru nos mercados internacionais.

Este esborralle, iniciado hai dous anos, presionou á baixa o prezo dos carburantes de automoción.

A gasolina custa así un 1,67% menos que no principio do ano e un 14,15% menos que hai doce meses. O gasóleo, pola súa banda, custa un 0,99% menos que no principio do ano e un 12,48% menos que en agosto de 2015.

Tras meses de caídas, os prezos da gasolina e o gasóleo sitúanse un 26,14% e un 30,88% por baixo, respectivamente, dos máximos históricos anotados en setembro de 2012.

Comentarios