O banco malo carga cos morosos

A morosidade do crédito concedido pola banca en España caeu en decembro ao 10,44 %, o primeiro descenso tras dezasete meses de subidas e a súa taxa máis baixa desde xullo de 2012, debido en gran parte ao traspaso de activos tóxicos das entidades financeiras ao banco malo ou Sareb.

Segundo os datos provisionais publicados hoxe polo Banco de España, a carteira crediticia de bancos, caixas, cooperativas e establecementos financeiros de crédito era ao peche de decembro de 1,604 billóns de euros, o 4,6 % inferior á de novembro, un descenso que o organismo atribúe á transferencia de activos á Sareb e non a unha diminución do fluxo de crédito.

Nunha nota, o Banco de España indica que esta transferencia produciu unha redución do saldo total de préstamos dubidosos, que en decembro alcanzaron 167.447 millóns de euros, fronte aos 191.630 do mes anterior.

Comentarios