A empresa El Armario de la Tele creba e vende a roupa a cinco euros

A firma Chicplace tamén entra en concurso de acredores

O xulgado do Mercantil número tres de Madrid declarou en concurso voluntario os portais de moda El Armario de la Tele e Chicplace España, segundo publica este luns o Boletín Oficial do Estado (BOE).

En concreto, o xuíz acordou que ambas as firmas conserven as facultades de administración e disposición sobre o seu patrimonio, pero sometidas á intervención da administración concursal.  Os acredores das concursadas comunicarán os seus créditos na forma prevista no prazo dun mes, a contar desde a publicación da declaración de concurso no BOE.

Ambos os concursos decláranse de forma conxunta, como acumulados, para a súa tramitación coordinada, cos das sociedades do mesmo grupo, Eshop Ventures, sociedade cabeceira, Furniture online, Mamuky outlet, Expirit Bebidas Premium, Molet shop, Matby shop, Exchange networks e Matby shop.

El Armario de la Tele puxo en marcha unha campaña para vender toda a roupa a cinco euros durante 72 horas.

Comentarios