Díaz reafirma o seu compromiso de derrogar a reforma laboral "a pesar das resistencias"

A ministra de Traballo asegura que a súa carteira avanzará na "modernización definitiva" do mercado de traballo e seguirá coas mesas de diálogo

Yolanda Díaz pronuncia un discurso durante el Congreso confederal de Comisiones Obreras. EFE
photo_camera Yolanda Díaz pronuncia un discurso durante el Congreso confederal de Comisiones Obreras. EFE

A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, reafirmou este sábado, no 12º Congreso Confederal de Comisións Obreiras (CCOO), o seu compromiso de derrogar a reforma laboral do Partido Popular "a pesar de todas as resistencias, que as hai, e son moitas". 

"A pesar de todas aquelas persoas que, estea onde estean, xamais tiveron a intención de alterar o modelo laboral de precariedade que impuxo a dereita no noso país. Se que sabedes o que é a reforma laboral (...). Esa precariedade, esa inxustiza, é a reforma laboral e iso é o que queremos derrogar definitivamente", insistiu Díaz ante os delegados sindicais de CC OO. 

Ao berro de `Si "se pode!" na o auditorio, a ministra de Traballo continuou co seu discurso, asegurou que a súa carteira avanzará na "modernización definitiva" do mercado de traballo e seguirá coas mesas de diálogo. 

Díaz agradeceu ao sindicato, ao que se referiu como "casa común" na que se criou, os "centenares de propostas, de horas compartidas". 

"Imos afrontar unha tarefa nunca realizada no noso país en máis de 40 anos. Non nos imos a deter na reforma laboral. Temos máis ambición aínda, queremos chegar máis lonxe e queremos facelo con quen levanta este país todos os días", manifestou a ministra. 

A vicepresidenta segunda quere deixar "as palabras" e pasar aos feitos. "Iso é o que imos facer: imos culminar esta tarefa xa avanzada para desterrar, logo de tantas décadas, a temporalidade e a precariedade que atenazan as nosas vidas e o noso futuro", subliñou. 

Comentarios