De Guindos destaca en Lima o crecemento da economía española

O ministro descarta ante o FMI que sexan necesarios máis recortes

O ministro español de Economía e Competitividade, Luis de Guindos, destacou o "crecemento diferencial" da economía española nun momento de "mediocre" expansión global, e a súa resistencia ante a desaceleración dos mercados emerxentes.

"A economía de España é o exemplo de como demos a volta a unha situación moi difícil. En 2012 o exercicio de alerta do Fondo centrouse en España, e mire como está a situación agora", explicou De Guindos aos xornalistas ao termo da súa participación na Asemblea Anual do Fondo Monetario Internacional (FMI) e o Banco Mundial (BM), que tivo lugar esta semana en Lima.

As últimas previsións do organismo dirixido por Christine Lagarde sitúan a España á cabeza do crecemento na zona euro, cun 3,1 % previsto para 2015 e un 2,5 % para o próximo ano, o dobre da zona euro, que o fará un 1,5 % este ano e un 1,6 % o próximo.

Comentarios