Damm, Cobega e Victory Turnaround puxarán xuntas para adquirir Cacaolat por 100.000 millóns

A empresa de bebidas Damm anunciou este xoves que se sumou a Cobega, embotellador de Coca-Cola en catro comunidades, e á empresa Victory Turnaround para puxar por Cacaolat cunha proposta de investimento de cen millóns de euros.

Segundo anunciou Damm nun comunicado, a oferta inclúe a construción dunha nova fábrica nas antigas instalacións de Damm en Santa Coloma de Gramenet (Barcelona), mantén o persoal actual e prevé a posta en marcha da nova planta en 2013.

A oferta das tres firmas xa se formalizou no xulgado mercantil número seis de Barcelona, onde o venres acaba o prazo de presentación de ofertas para comprar a unidade produtiva de Cacaolat, actualmente en concurso de acredores.

Victory Turnaround, especializada en xestionar compañías en situacións de baixa rendibilidade ou crise, xa lideraba este proceso proceso de compra da unidade produtiva de Cacaolat para crear unha nova fábrica e centro de distribución, pero Damm anunciou hoxe que se sumou ao proxecto.

Comentarios