Consellos para pagar menos pola factura da luz

Con estas sinxelas recomendacións poderás aforrarte cada mes uns cantos euros
Bombillas. PIXABAY
photo_camera Lámpadas. PIXABAY

En plena escalada do prezo da luz e ante a inminente chegada do inverno –onde se esperan novos picos no mercado almacenista e onde, polo xeral, aumenta o consumo de enerxía nas casas– existen unha serie de consellos básicos que poden axudar ao usuario a reducir a súa factura eléctrica. 

A continuación presentamos unha serie de strong<> medidas e recomendacións para aforrarse uns cantos euros a final de mes. 

Neveira

  • É moi importante adecuar o tamaño ao uso. Non ten sentido ter un frigorífico enorme nunha casa na que só vive unha persoa.
  • O tamaño ideal da neveira é de 250 a 350 litros para un fogar de tres ou catro persoas e de entre 100 e 150 litros para unha casa.
  • Axusta o aparello á temperatura adecuada: entre 4 e 5 °C é suficiente para o compartimento refrigerado e -18 °C para o conxelador.
  • Intenta que a neveira estea situada lonxe de fontes de calor para que non haxa compensación de temperatura. 
  • Desconxela o frigorífico con regularidade. A acumulación de escarcha faio menos eficiente. 
  • Non metas a comida mentres aínda está quente: tardará máis en arrefriarse e, ao mesmo tempo, aumentará a temperatura dentro do refrixerador. 
  • Utilizar o modo eco permitirache reducir o consumo ata nun 25%. 
  • Recorda fixarche na etiqueta enerxética antes de comprar unha neveira nova e elije dispositivos de baixo consumo. 

Informática e televisión

  • Un computador portátil consome entre un 50% e un 80% menos que un de mesa.
  • Un televisor LCD consome menos que unha tele de plasma. 
  • Unha impresora de inxección de tinta require de 5 a 10 W durante o seu funcionamento, a diferenza dunha impresora láser que require de 200 W a 300 W para funcionar.

Luces

  • Coloca os teus mobles de forma intelixente para que poidas aproveitar ao máximo a luz natural. 
  • Apaga a luz axiña que salgas dunha habitación. 
  • Elixe lámpadas de baixo consumo.
  • Unha intensidade de entre 15 e 20 W por metro cadrado é suficiente para salas de estar. Para corredores, salas de paso ou dormitorios chegará con 10 ou 15 W.
  • Se parte da casa está ao aire libre, ilumínaa con obxectos solares.

Illamento

  • Refai o selado das fiestras se o illamento é deficiente.
  • Usa cortinas. 
  • Pecha as contraventanas pola noite.

Comentarios