Conclúe sen oposición o prazo para alegar os convenios de Pescanova e Pescafina

O Xulgado do Mercantil 1 de Pontevedra confirmou hoxe que concluíu o prazo sen que se formulasen oposicións á aprobación dos convenios de Pescanova e unha das súas filiais, Pescafina, informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Nos próximos días, o xuíz ditará sentenza na que levantará o concurso das dúas firmas, engaden as fontes.

O convenio de acredores de Pescanova recibiu o visto e prace do 63,65% do pasivo ordinario, unha vez finalizado o reconto das adhesións á única proposta presentada no xulgado.

Trátase dunha porcentaxe lixeiramente inferior ao do concurso de acredores de Pescafina (68,89%), pero en todo caso máis que suficiente para que a multinacional pesqueira salga do concurso xusto un ano despois de que se fixese cargo da súa xestión un administrador concursal, neste caso Deloitte.

Para mañá está prevista a celebración dunha reunión do consello de administración de Pescanova da que previsiblemente sairá o seu novo presidente.

Comentarios