O comercio galego solicita aos concellos a exención do Ibi

A Federación Galega do Comercio esixe ao Goberno central "axudas directas" ao sector
José María Seijas. AEP
photo_camera José María Seijas. AEP

O presidente da Federación Galega do Comercio, José María Seijas, esixiu ao Goberno central "axudas directas" ao sector, á vez que pide aos concellos que eximan do pago do Ibi (imposto de bens inmobles) a estes negocios. 

Xustifica a petición "logo dun ano case pechados ou restrinxidos, coas vendas que caeron e un nadal que non tiveron os resultados que se esperaban". 

Ademais, antepuxo que "os gastos son moi superiores ás vendas que se fan" e isto provoca que a xente o empece a pasar moi mal". 

É por iso que reclama ao Executivo central que "haxa axudas directas" e que se suprima "a cláusula" dos Erte pola que non se pode despedir ata pasados seis meses. 

Tamén propón que os municipios "eliminen o IBI" e que se reconsidere o dos alugueres" dos locais comerciais "para non seguir con este goteo de peches". 

José María Seijas estimou que "nestes momentos", e desde o inicio da pandemia, pecharon un "20 por cento" dos comercios a nivel nacional, porcentaxe que traslada ao ámbito galego e tamén ao local. 

Comentarios