A campaña de rebaixas xerará máis de 3.000 contratacións na comunidade

Cosmética, electrónica, xoguetería, alimentación, distribución, imaxe e son, loxística e transporte, hostalería e restauración, son os sectores que máis postos de traballo xerarán

A campaña de rebaixas virá acompañada de 3.327 contratacións na Comunidade galega, segundo estimacións de Adecco, que apunta que no conxunto de España o aumento será do 5% respecto do ano anterior, o que supón 80.221 contratos.

Os sectores vinculados co gran consumo como alta perfumería e cosmética, electrónica, xoguetería, alimentación, distribución e retail, imaxe e son, loxística e transporte, e incluso hostalería e restauración, son os sectores que máis postos de traballo xerarán.

En canto ao número de contratacións, atención ao cliente e forza de vendas, serán as áreas que aglutinen máis contratos. En concreto, o perfil comercial -promotores, azafatas de imaxe, teleoperadores ou dependentes- será o máis buscado nesta próxima campaña.

Ademais, cerca do 25% dos traballadores contratados para a campaña de Nadal conseguen renovar o seu contrato para o período de rebaixas, principalmente aqueles que desempeñen funcións de atención ao cliente e con clara vocación comercial. 

CARACTERÍSTICAS QUE DEMANDAN AS EMPRESAS. O carácter proactivo é unha das características que máis demandan as empresas á hora de buscar candidatos para a campaña de rebaixas. Búscase un traballador que teña iniciativa para cumprir os obxectivos nun período breve de tempo e así multiplicar as vendas.

Ademais, durante este período de rebaixas, é necesario que o empregado teña unha actitude comercial para que se traslade a todo o punto de venda e ter capacidade para abordar ao cliente de forma ininterrompida e así alcanzar ao maior número de consumidores posible.

Tamén se valora a experiencia previa nun posto similar ou a realización dalgún curso de venda e técnicas comerciais. A especialización en sectores concretos como electrónica, pequeno electrodoméstico, informática, telefonía ou alimentación, convértese nun plus de empleabilidad de face a quen contrata.

Comentarios