Cae o número de ninis, pero aínda representan o 12% dos mozos galegos

O 15,3% dos españois de quince a vinte e nove anos non estudaba nin traballaba en 2018 

Jóvenes, adolescentes. EP

O 15,3% dos mozos de quince a vinte e nove anos non estudaba nin traballaba en 2018, unha cifra inferior en 1,1 puntos á do ano anterior e en 7,1 puntos á de 2013.  Son os coñecidos como 'ninis', un colectivo que no caso de Galicia representa o 12% das persoas nesa franxa de idade.

Sinalouno o Ministerio de Educación no seu estudo Explotación das variables educativas da Enquisa de Poboación Activa 2018, onde destacou que a porcentaxe de ninis é inferior nos homes (14,7%) que nas mulleres (16), aínda que o descenso nos últimos anos foi maior para os homes (8,1 puntos) que para as mulleres (6,1).

Respecto ao nivel de formación alcanzado, a porcentaxe de ninis é do 11,7 % para os mozos con nivel de Educación Secundaria de segunda etapa (máis aló da escolaridade obrigatoria) e Educación Superior (0,8 puntos menos que en 2017), mentres que nos mozos con nivel de formación de primeira etapa de Secundaria (escolaridade obrigatoria e inferior, a porcentaxe alcanza o 23,5% (1,3 puntos menos que en 2017).

Por outra banda, o 46,4% das persoas de 25 a 29 anos alcanzou o nivel de Educación Superior (dous puntos máis que o ano anterior), continuando coa tendencia ascendente desde 2009. Para a poboación de 30 a 34 anos esa porcentaxe é do 42,4% (1,2 puntos de diferenza co ano anterior), por encima da media da Unión Europea en 2017 (39,9%) e do obxectivo europeo de conseguir que en 2020 o 40% desa poboación posúa o nivel de Educación Superior.

No caso das mulleres de 25 a 29 anos, a porcentaxe en 2018 alcanza o 51,9%, superando en 10,9 puntos ao dos homes desa mesma idade (40,9%). Así mesmo, o 10,5% da poboación de 25 a 64 anos seguiu algún tipo de formación nas catro últimas semanas, o que supón un aumento de 0,6 puntos con respecto a 2017. 

A porcentaxe de participación nas mulleres supera en 2,0 puntos ao dos homes (11,5% fronte ao 9,5%). 

Comentarios