Cae un 15% o número de viaxeiros aloxados en hoteis galegos en xullo

As pernoctaciones tamén descenderon un 11% con respecto a 2017

Habitación de un hotel. EP
photo_camera Habitación dun hotel. EP

O número de viaxeiros aloxados en hoteis galegos diminuíron un 15% no mes de xullo, en relación ao mesmo período do ano anterior, segundo os datos feitos públicos este venres polo Instituto Nacional de Estadística (Ine). 

En concreto, os hoteis da comunidade aloxaron case 90.000 persoas menos que en xullo de 2017, ata as 497.692. O pasado ano, os viaxeiros aloxados nestes establecementos neste mes superou o medio millón de persoas. 

Dos hóspedes rexistrados este ano, a maior parte —369.366 persoas— eran procedentes de España, mentres que os 128.326 restantes eran estranxeiros. Por provincias, 214.659 aloxáronse en hoteis da Coruña, 189.805 en Pontevedra, 62.595 en Lugo e 30.634 en Ourense. 

En relación ás pernoctaciones, durante o sétimo mes de 2018, os hoteis galegos rexistraron 1.127.716, o que supón case un 11% menos que hai un ano. A estancia media foi de 2,27 días.

PREZOS E RENDIBILIDADE. As estatísticas do INE apuntan a que os hoteis da comunidade experimentaron en xuño un incremento do 0,33% nos seus prezos, en termos interanuais. 

Os ingresos por habitación dispoñible foron de 33,52 euros de media —un 3,3% menos que hai un ano— e os beneficios por habitación ocupada foron de algo máis de 63 euros —un 2,48% máis—. 

Comentarios