As axudas do segundo plan de rescate da Xunta poden solicitarse desde este venres

Trátase dunha primeira liña de financiamento dirixido a autónomos e microempresas que rexistren unha baixada na facturación do 45% entre 2019 e 2020
La conselleira de Emprego e Igualdade de Galicia, María Jesús Lorenzana. EUROPA PRESS
photo_camera A conselleira de Emprego e Igualdade de Galicia, María Jesús Lorenzana. EUROPA PRESS

As axudas do segundo plan de rescate da Xunta poderán solicitarse desde este venres, segundo expuxo a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, coincidindo coa visita que realizou á Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), para manter un encontro co seu presidente, Antonio Fontenla. 

A conselleira recordou que nesta primeira orde, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) este venres, figura, do total de 75 millóns previstos, a maior contía, un total de 60 millóns. Trátase dunha primeira liña de financiamento dirixida a traballadores autónómos e microempresas, que rexistren, recordou, unha baixada na facturación do 45% entre 2019 e 2020. 

O prazo para as solicitudes manterase ata o 18 de marzo e a conselleira apuntou que a previsión é que "en quince días ou tres semanas" estean ingresadas as axudas nas contas dos beneficiarios. 

O martes publicarase, segundo a Consellería de Emprego, a segunda liña de apoios con 15 millóns de euros destinada a strong<> establecementos hostaleiros e outros negocios pechados. 

Comentarios