Abanca segue sen servizo e asumirá os gastos de comisión de otros caixeiros ais seus clientes

A entidade traballa en solucionar a avaría, que non afecta as operacións con cartón nos comercios

Una oficina de Abanca. EP
photo_camera Unha oficina de Abanca. EP

Nin operar nos caixeiros nin desde a aplicación móbil. Estas son as principais consecuencias dunha avaría que afecta a Abanca desde este martes pola mañá e que provocou as queixas de centos de usuarios. 

No mesmo día en que a entidade presidida por Juan Carlos Escotet renunciaba á opa a Liberbank, os seus clientes atopáronse con este incómodo problema. Os servizos a distancia son os que sofren a incidencia, segundo confirmou Abanca, que recorda que os pagos con cartón en comercios si están operativos.

A entidade leva varias horas traballando en solucionar o problema. Non se descarta de que se trate dunha fuga de seguridade ou dun hackeo ao seu sistema.

Comentarios