A Audiencia de Pontevedra avala que o banco devolva 360.000 euros por unhas preferentes herdadas

O tribunal provincial entende que o banco non cumpriu coa "obrigación de asesorar ao cliente de forma adecuada, clara e comprensible sobre os riscos da operación
Cartel en una protesta de afectados por la venta de preferentes. ARCHIVO
photo_camera Cartel nunha protesta de afectados pola venda de preferentes. ARQUIVO

A Audiencia de Pontevedra ratificou a decisión dun xulgado de Lalín de setembro de 2020 pola cal o Banco Santander terá que devolver 360.000 euros a unha muller por unhas participacións preferentes herdadas. 

As preferentes foran compradas en 2009, cando a entidade aínda era Banco Pastor, polos proxenitores da muller, que morreron en 2010 e 2012, respectivamente. O xulgado de primeira instancia e instrución número 1 de Lalín acordou a devolución de 295.000 euros máis impostos a esta muller, que estaba risco de exclusión social, segundo destaca o despacho de avogados de Xoán Antón Pérez-Lema, que levou o caso. 

A sentenza acábaa de confirmar a Audiencia, nun auto de principios de febreiro, ao entender que o banco non cumpriu coa "obrigación de asesorar ao cliente de forma adecuada, clara e comprensible sobre os riscos da operación". "O erro esencial do pai continúa cando as herdeiras aceptan o troco polos bonos subordinados. elas nunca adquiren o coñecemento das características esenciais destes produtos de altísimo risco", destaca o despacho. 

Comentarios