Aegama celebra a súa asemblea xeral

A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid celebra a reunión na Casa de Galicia

Reunión de Aegama. AEP
photo_camera Reunión de Aegama. AEP

A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama) celebrou este xoves na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid -a casa de Galicia- a súa Asemblea Xeral Ordinaria.

O presidente da asociación, Julio Lage, estivo acompañado na sesión do vicesecretario, Javier Saguar, o vicetesoureiro, Jesús Marón, e a vogal responsable de Comunicación e Redes Sociais, Isabel Noriega.

A Asemblea Xeral de Aegama coñeceu e ratificou a súa Memoria de Actividades de 2017, aprobou as contas anuais e a xestión da Xunta Directiva durante ese mesmo período, coñeceu e ratificou o Plan de Actuación para o exercicio 2018 e aprobou o orzamento para o mesmo.

Comentarios