viernes. 05.06.2020 |
El tiempo
viernes. 05.06.2020
El tiempo

Abanca consolida a súa posición como principal accionista de Nueva Pescanova

Vista da sede en Chapela de Nova Pescanova. AEP
Vista da sede en Chapela de Nova Pescanova. AEP
Eleva a súa participación por enriba do 39% ao adquirir títulos do Santander e a Caixa Geral de Depósitos

Abanca consolidou a súa posición como principal accionista de Nueva Pescanova ao incrementar a súa participación ata o 39,29% a través da adquisición dun paquete de títulos equivalentes ao 6,03%. Segundo recolleu a entidade financeira nun comunicado, o incremento da súa participación levouse a cabo mediante a suma das accións do Banco Santander, que posuía un 5,92%, e a Caixa Geral de Depósitos, que contaba cun 0,11%.

Precisamente, o presidente da entidade financeira, Juan Carlos Escotet, avanzou este luns nun acto en Vigo o interese de Abanca en permanecer como accionista de referencia en Nueva Pescanova. Así, afirmou que a participación na compañía se plantexaba "a longo prazo" debido a que se trata dunha empresa "estratéxica" en Galicia e no sector do mar. 

Ademais, entre outros investimentos, Abanca financia a construción de catro novos buques de Nueva Pescanova, dos que o primeiro xa foi entregado. En concreto, operarán en Namibia e Mozambique e permitirán á empresa renovar parte da súa flota. 

Deste xeito, mediante estas actuacións, a entidade financeira busca apoiar o desenvolvemento do grupo galego nos ámbitos extractivo e comercial e reforzar o sector do mar. 

Abanca consolida a súa posición como principal accionista de Nueva...
comentarios