Activado o cuarto plan de rescate a empresas e autónomos con 134 millóns

A Xunta explica que esa cantidade non se chegou a utilizar na convocatoria anterior polos "problemas burocráticos" derivados dos requisitos impostos polo Goberno na repartición das axudas

Feijóo preside la reunión del Consello da Xunta. XUNTA
photo_camera Feijóo preside la reunión del Consello da Xunta. XUNTA

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou este xoves a activación dun 4º Plan de rescate cos 134 millóns sobrantes da convocatoria anterior, que recollerá as últimas modificacións introducidas polo Goberno central co obxectivo de que os recursos "cheguen a quen máis o necesita".

A este respecto, Feijóo explicou que foron os "problemas burocráticos" derivados dos requisitos impostos polo Goberno no repartición das axudas do 3º Plan de rescate impedíronos que esa cantidade fose distribuída. "Se nos fondos da Xunta tivemos 80.000 solicitudes, neste fondo soamente levamos 5.912", abundou.

No que respecta a este cuarto plan, que inclúe as modificacións efectuadas polo Goberno central, Feijóo subliñou que ampliará ata o 30 de setembro o período para imputar as débedas financiables con estas axudas e establecerá que os fondos se poidan destinar a compensar as perdas contables.

Feijóo remarcou que a Xunta leva mobilizados case 607 millóns en axudas directas a diversos sectores moi afectados pola pandemia, como o turismo, a hostalería, o comercio ou o sector primario.

Tras a reunión semanal do Executivo, Feijóo tamén informou de que a Xunta facilitará a asistencia aos cursos para desempregados con axudas ao transporte, ao aloxamento e á conciliación por un importe de 7 millóns de euros.

Comentarios