jueves. 12.12.2019 |
El tiempo
jueves. 12.12.2019
El tiempo

A cervexa 1906 Black Coupage conságrase a nivel a internacional

Unha botella de 1906 Black Coupage. EP
Unha botella de 1906 Black Coupage. EP
Logra a medalla de ouro á mellor cervexa na categoría Dunkler Bocknos premios European Beer Star

A cervexa 1906 Black Coupage subiu todo o máis alto do podio na categoría Dunkler Bock dos European Beer Star.

A gala de premios celebrouse este mércores en Nuremberg, onde Luís Alvar, mestre cervexeiro de Hijos de Rivera, recolleu este novo "galardón á tradición e o saber facer cervexeiro" da compañía galega.

Un total de 2483 cervexas elaboradas en 47 países participaron este ano nos European Beer Star, "unha das competicións máis esixentes do mundo", segundo destaca Hijos de Rivera nun comunicado. Este certame organizado polo sector cervexeiro alemán "conta cun enorme prestixio" xa que os galardoados son froito dun "minucioso proceso de valoración tras unha cata a cegas na que participan expertos de 32 nacionalidades". 

Trátase da segunda ocasión na que 1906 Black Coupage é recoñecida nestes premios xa que en 2017 obtivo unha prata. 

A cervexa 1906 Black Coupage conságrase a nivel a internacional
Comentarios