Quintas seguirá outra tempada no Teucro

O conxunto pontevedrés xa conta con dez xogadores para o seu regreso á Asobal
Juan Quintas
photo_camera Juan Quintas

A SD Teucro e Juan Quintas chegaron a un acordo este xoves para ampliar a súa vinculación unha tempada máis, polo que o pivote cumprirá a súa segunda campaña ás ordes de Quique Domínguez.

O xogador, un dos especialistas defensivos do equipo, asegurou estar "moi contento" porque a tempada 2017-18 poderá cumprir o seu "soño" de xogar na liga Loterías Asobal, categoría á que o Teucro ascendeu este ano tras proclamarse campión da División de Honra Prata.

Coa súa renovación, o conxunto pontevedrés xa se asegurou a continuidade de dez xogadores: Jorge García Lloria, Javi Santana, Carlos García, Óscar Silva, Jose Manuel Rial, Borja Méndez, Dani Hernández, Ángel Iglesias, Johnny Medina e Juan Quintas.

Máis en Deporte Local Pontevedra
Comentarios