FICHA TÉCNICA

2-2. O Pontevedra tráese un punto do Vao tras un derbi trepidante

Añón e Mario Barco marcaron para os granates e Iosu Villar e Quique Cubas para o Coruxo. Os dous equipos acabaron con dez
Empate en el derbi entre el Coruxo y el Pontevedra
photo_camera Empate en el derbi entre el Coruxo y el Pontevedra

O Pontevedra regresa cun punto do Vao logo dun derbi cheo de alternativas contra o Coruxo que acabou 2-2 baixo unha intensa choiva.

Os de Luisito adiantáronse grazas a un gol de David Añón no minuto 34 pero os locais empataron xusto antes do descanso por mediación de Iosu Villar. Na segunda parte o Coruxo logrou porse por diante cun remate desde o chan de Quique Cubas, pero os granates reaccionaron rápido para establecer o definitivo 2-2 grazas a un gran remate de Mario Barco, que suma o seu oitavo gol da tempada.

Nos últimos dez minutos ambos os equipos quedaron con dez xogadores, tras as expulsións de Capi e Pibe, pero o marcador xa non se moveu. Coruxo e Pontevedra mantéñense na zona alta da táboa. Os de Luisito seguen en postos de promoción, con 30 puntos, e os vigueses teñen 24. 

<<LEA A CRÓNICA COMPLETA ESTE DOMINGO NA EDICIÓN EN PAPEL DE DIARIO DE PONTEVEDRA>>

Máis en Deporte Local Pontevedra
Comentarios