0-2. O Pontevedra, con licenza para soñar tras vencer no Montecillo

A segunda vitoria a domicilio do curso, unida aos tropezos dos seus rivais, asegura aos granates manterse en postos de play off mínimo ata 2017
Mario Barco remata a portería en una acción del partido de este domingo
photo_camera Mario Barco remata a portería en una acción del partido de este domingo

Nin os granates máis optimistas poderían prever a situación do Pontevedra CF a estas alturas do ano. Co histórico pleno de vitorias en casa -9 de 9- como base para seguir soñando con manterse nos postos de promoción ata o final do ano, este domingo os de Luisito demostraron que tamén saben gañar lonxe das bancadas de Pasarón.

Mario Barco e Javier Bonilla puxeron os goles que permitiron ao Pontevedra vencer ao Arandina no Montecillo (0-2), sumando así o segundo triunfo do ano a domicilio.

O partido presentábase difícil pois os arandinos afán mostrarse fortes no seu feudo. Con todo as sensibles baixas do equipo de Emilio Ferreras outorgaban o papel de favorito aos granates, unha circunstancia que certificaron ao longo dos 90 minutos.

O 11 posto en liza por Luisito sorprendeu a máis dun, sobre todo pola inclusión de Mateu Ferrer acompañando a Barco e a ausencia de Álex Fernández, que se daba case por segura. Edu; Miguel Loureiro, Bonilla, Jacobo Trigo, Bruno; David Añón, Kevin Presa, Gonzalo, Abel; Mateu Ferrer e Mario Barco foron os 11 elixidos polo teense para afrontar o partido ante o Arandina.

O paso por vestiarios xa se produciu con notas positivas para o Pontevedra. Tras varias ocasións claras, cun traveseiro incluído de Kevin, Mario Barco acertaba a rematar un bo envío de Loureiro desde a dereita para abrir o marcador. O gol produciuse ao fío do descanso, nos que algúns chaman minutos psicolóxicos e os granates fixeron bo esta catalogación ao lograr administrar a vantaxe conseguida no minuto 45 durante o que restaba de encontro.

Javier Bonilla, cun libre directo no minuto 63, conseguiu a tranquilidade definitiva para os de Luisito, que tiveron que soportar o arreón dos locais no inicio do segundo tempo.

A xornada foi redonda ademais polos resultados dos rivais granates. As derrotas do Celta B e o Valladolid B, ante Caudal e Cultural Leonesa respectivamente, e os empates do Racing de Santander e Ponferradina ante Mutilvera e Osasuna B, aseguran ao Pontevedra acabar o ano en postos de play off.



►Consiga a información completa do partido na edición deste luns de Diario de Pontevedra

Máis en Deporte Local Pontevedra
Comentarios