Zé Ricardo: "Imos traballar para buscar os erros do Rácing"

O carrilero esquerdo do Lugo falou sobre as virtudes do equipo con Fran Xusto de adestrador e destacou que tratarán de buscar os puntos débiles do seu próximo rival para gañar no Sardinero
                      Zé Ricardo golpea el balón ante un rival. Hernán Pérez da instrucciones a Sebas Moyano.
photo_camera Zé Ricardo golpea el balón ante un rival. Hernán Pérez da instrucciones a Sebas Moyano.

O lateral esquerdo do Lugo Zé Ricardo asegurou que Fran Xusto e Hernán Pérez teñen "ideas diferentes", pero que o equipo está "a matar" co novo adestrador do conxunto branquivermello, que xa debutou no banco lucense ante o Levante.

"Son adestradores diferentes e ideas diferentes. O equipo estaba a matar coas ideas que tiña Hernán e agora con Xusto tamén. Traballamos coa idea de saír igual ao contragolpe, pero cun pouco máis de paciencia. Dia a día estamos a ir a máis", observou Zé Ricardo.

"Para ser o primeiro partido vímonos cómodos. demos unha imaxe de que queremos ir presionar, ir a todos os duelos a matar. Foi un partido no que o Levante nos fixo tres ocasións e unha foi fose de xogo. Case non nos tiraron a porta, por iso foi un partido moi bo a nivel defensivo. Iremos a máis", analizou o brasileiro sobre o partido ante o Levante.

En canto ao seu rendemento individual, Zé Ricardo dixo que: "A nivel persoal vou aos poucos. Con Hernán tiven moita axuda a nivel defensivo e estou a ir a máis. Agora chegou Xusto e o seu corpo técnico e tamén me axudan. Como falei para O Progreso hai xogadores que me axudan e achéganme e danme consellos. Conforme van pasando os partidos vou a máis e con máis confianza".

"Non cambiou moito o meu rol, o que pasou é que o Levante ten a súa virtude, que era que De Frutos era moi ofensivo e tíñame que ocupar máis del no aspecto defensivo. No próximo partido veremos que imos facer", manifestou.

O lateral esquerdo falou sobre o próximo compromiso ligueiro do Lugo, ante o Rácing en Santander. "Imos traballar para buscar os erros do Rácing. eles levan moi poucos goles marcados e teremos que defender moi forte en bloque para que non teñan ocasións e poder marcar un gol ao contraataque e gañar o partido".

"Hai que traballar moito máis o balón parado. Teño que traballar eu a nivel individual o balón parado para que poida saír un caramelito p para Chris (Ramos) ou o que fóra", engadiu.

A Zé Ricardo gustaríalle que houbese un bo ambiente no Sardinero. "Son partidos que, á fin e ao cabo, son os que buscamos, con xente no estadio e coa presión de gañar. Tamén necesitamos o apoio da nosa afección alí. Daremos o cento por cento de nós para gañar".

Ademais, aclarou que sente moi ben na cidade. "Estou moi a gusto. A cidade non cambia moito en relación ao sitio onde estaba en Portugal, porque ten un clima de moita choiva , frío, vento... Xa estaba afeito e o club e a xente acolléronme moi ben. é unha cidade pequena pero coas súas cousas. Estou moi cómodo".

Máis en Deporte Local Lugo