Ficha técnica

0-0. O Lugo agranda a crise do Zaragoza

Empate sen goles nun choque moi parello e sen grandes ocasións, cun control infrutuoso dos lucenses
Un lance del partido
photo_camera Un lance del partido

O Real Zaragoza e o CD Lugo prolongaron este sábado os seus respectivos refachos, no choque que os enfrontou no histórico campo da Romareda. O 0-0 final supón o cuarto partido consecutivo dos lucenses sen perder (tres vitorias e este empate), mentres que para os maños representa o seu quinto partido sen gañar (dúas derrotas e tres igualadas).

A inmobilidade no marcador foi reflexo de como transcorreu o partido. Non é que os dous equipos contemporizasen no centro do campo; o certo é que o intentaron, pero as defensas souberon imporse e, á hora de achegarse ao marco rival, os arietes non sempre estiveron atinados. O CD Lugo comezou dominando e o Zaragoza tardou un intre en tomar as rendas; de feito, ao acabar a primeira parte o grao de posesión por parte dos branquivermellos (este sábado coa camiseta amarela, a da cervexa) era un pouco superior.

Na segunda metade, tampouco se viu gran movemento: algún lanzamento afastado, intervencións dos porteiros con seguridade... e foi o CD Lugo o que tivo unha das ocasións máis claras, cando no minuto 52 Alcolea, o porteiro local, salvaba un remate de socato dun moi activo Pablo Caballero. O rexeite caeulle a Toni Dovale, que acabou estrelando o balón contra o cérbero.

A próxima semana, o CD Lugo recibe ao Alavés (domingo 22, 16.00), outro dos 'europeos' do fútbol español, que transita pola mesma zona media da clasificación da Segunda División do fútbol español.

Comentarios