O PortaMiñá e o Club Fluvial de Lugo destacan no Galego infantil de natación

Os equipos lucenses conquistan 38 medallas no campionato celebrado en Pontevedra

Apabullante é a palabra que mellor define a actuación dos equipos lucenses do PortaMiñá e o Club Fluvial no campionato de Galicia nas categorías infantil e júnior, celebrado en Pontevedra. O PortaMiñá conquistou un total de 26 medallas (8 de ouro, 14 de prata e 4 de bronce) mentres que o Fluvial obtivo doce (catro de ouro, tres de prata e seis de bronce). En total, entre os dous equipos levaron 38 medallas de volta a Lugo. Ademais, o nadador do Club Natación Monforte Juan Pontón levou a medalla de ouro nos 50 bolboreta júnior masculino.

A nivel por equipos, o PortMiñá logrou o subcampeonato na categoría júnior masculina —só superoulle o Club do Mar—, do mesmo xeito que na táboa conxunta, e o cuarto posto na categoría júnior.

Representantes del Club Fluvial EPPola súa banda, cinco nadadores do Fluvial (na imaxe, o equipo ao completo) conseguiron o seu pase para varios campionatos nacionais, de. Así, Ana Cernadas, Martín Pardo, Lucía Diéguez, Ánder Gómez e Andrea Santoalla, lograron as marcas mínimas que garanten a súa participación nos seus respectivos campionatos nacionais. Os éxitos do equipo do Fluvial na piscina pontevedresa de Rías do Sur chegaron tamén con 12 medallas, que selaron unha moi boa actuación do equipo lucense, destacando Ana Cernadas, campioa en 100 metros costas e 400 libre e Martín Pardo, campión en 200 estilos.

Os nadadores do Porta Miñá Raquel Cando e Martín Vázquez competirán o próximo fin de semana coa selección de Galicia no campionato de España por Comunidades Autónomas para as categorías júnior e infantil, que se celebrará nas Palmas.

Os ouros polo Porta Miñá no Galego celebrado en Pontevedra conseguíronos a citada Raquel Cando (tres ouros, entre elas en 200 libre júnior feminina e 800 libre), Martín Vázquez (ouro en 50 libre e 100 costas, ambas en júnior masculino). Unha sexta presea para o PortaMiñá chegou na categoría de relevos, concretamente nos 4 por 100 metros libre da categoría júnior feminina. Tamén brillaron con medallas de prata ou de bronce polo Porta Miñá deportistas como Brais Novo, Pablo Rodríguez, Alejandro Vázquez, Daniel Cruz e Antonio Sánchez.

En categoría infantil feminina, Lucía Diéguez, do Fluvial, conseguiu o bronce en 200 braza e 400 estilos, mentres que Andrea Santoalla fíxoo con outro bronce en 200 bolboreta. En masculino, Ánder Gómez fíxose cunha medalla de prata en 400 estilos e un bronce en 200 metros estilos.

Na categoría júnior feminina, Ana Cernadas logrou, ademais de proclamarse campioa nos xa citados 100 costas e 400 libres, a prata en 200 estilos e o bronce nos 50 metros libres. Martín Pardo conseguiu ademais do ouro en 200 estilos; a prata, na proba de 200 bolboreta e a de bronce, en 400 metros estilos.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios