Volve o espectáculo

A segunda edición da Copa de Tenis e Pádel O Progreso dará comezo o 6 de xaneiro no Centro Deportivo D10
photo_camera Un lance dun partido no centro D10. AIDA SOENGAS

A segunda edición da Copa de Tenis e Pádel O Progreso arrincará o 6 de xaneiro de 2020 en Centro Deportivo D10 de Outeiro de Rei coa disputa da liga regular, que se estenderá ata o 24 de maio. A fase de retos disputarase entre o 25 e o 31 de maio, mentres que a fase final terá lugar entre o 1 e o 7 de xuño. O evento está organizado polo D10 e conta coa colaboración do CT Vilalbés, CFT as Termas, Club Fluvial e Club Pádel de Sarria.

A primeira fase do prazo de inscrición conclúe o 31 de decembro e os interesados poden anotarse a través da web www.doblered.es ben na recepción do Centro Deportivo D10. A segunda fase, para novas inscricións, prolongarase ata o 15 de febreiro de 2020 na recepción do centro D10, que poderán ser aceptadas ou rexeitadas a criterio da organización. A xestión da Copa levará a través da App do centro deportivo D10.

A liga regular constará dunha competición de todos contra todos (round robin) en cada unhas das divisións por nivel. De aí sairá un campión de división da liga regular. En caso de haber varios grupos por nivel, o mellor clasificado sairá da fase de retos.

No caso de que haxa só un grupo por categoría, clasificarase para a fase final o primeiro da fase regular, mentres que os clasificados entre o segundo e o quinto posto disputarán un play off na fase de retos, e o vencedor, meterase tamén na fase final. En caso de haber dous equipos por categoría realizarase un play off entre os dous primeiros de cada grupo, cruzándose entre eles. Os dous gañadores accederán á fase final. Se hai máis de dous grupos nun nivel, o sistema será similar, facéndose un cadro cos dous primeiros de cada grupo.

á fase final clasificaranse 2 xogadores (en tenis) ou 2 parellas (en pádel) por cada nivel. Constará dun cadro eliminatorio formado polos dous xogadores ou parellas mellor clasificados de cada nivel.

En función do nivel de xogo e idade dos gañadores dos niveis inferiores poderase crear outro cadro no que participarán os xogadores máis pequenos, estando en xogo o título de campión da Minicopa, a condición de que non sexa premiado xa por ser o gañador da súa categoría (infantil, alevín ou benjamín).

O calendario das xornadas desta segunda edición da Copa de Tenis e Pádel O Progreso será o seguinte: Xornada 1 (do 6 ao 19 de xaneiro), xornada 2 (do 20 de xaneiro ao 2 de febreiro), xornada 3 (do 3 ao 16 de febreiro). Do 17 ao 23 de febreiro celebrarase un período de recolocación e de admisión de novos participantes. Xornada 4 (do 24 de febreiro ao 8 de marzo), xornada 5 (do 9 ao 22 de marzo), xornada 6 (do 23 de marzo ao 5 de abril), xornada 7 (do 6 ao 26 de abril) e xornada 8 (do 25 de abril ao 17 de maio).

Organizarase unha xornada de recuperación do 18 ao 24 de maio, mentres que a fase de retos terá lugar do 25 ao 31 de maio. Para rematar, a fase final terá lugar do 1 ao 7 de xuño.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios